PLE (Personal Learning Environment)


1. Qué é un PLE?

Proceso informal (non hai prazos, programa nin exames) de aprendizaxe  que se desenvolve ao longo da traxectoria profesional.  
Hoxe en día, con internet, temos acceso a unha serie de recursos, ferramentas e mesmo contacto con outros profesionais cos que construír o noso coñecemento, a nosa aprendizaxe.
Ao ser unha aprendizaxe informal, debemos ser nos mesmos os que filtremos que contidos e que recursos ou ferramentas son interesantes para o noso desenvolvemento profesional.

Co PLE podemos:

  • Aprender dos artigos e outras publicacións
  • Publicar contidos
  • Contactar con outros profesionais.
As características principais do PLE son, por tanto:

  1. Fixamos os nosos obxectivos en función dos nosos intereses.
  2. Facilita a xestión da aprendizaxe, tanto no que se refire a contidos como a procesos.
  3. Xera vías de comunicación con outros profesionais.

2. Así está o meu PLE:


Como se pode ver na imaxe anterior, polo momento, utilizo poucos recursos. A medida que siga coa aprendizaxe, estes irán aumentando. 

3. Expansión do meu PLE:

Co fin de evitar a infoxicación , podemos (e debemos) utilizar os lectores de RSS, ferramenta útil para manterse informado das novas e webs que nos resulten de interese almacenando toda a información nun só espazo que se actualiza automaticamente sen necesidade de estar constantemente consultando esas webs. Isto vainos permitir aforrar moito tempo.
Unha desas ferramentas:

Outras ferramentas:

Scoop.it: Permítenos compartir contido que aparece na rede a partir da "curación de contidos", é dicir, escoller e tratar aquilo que realmente sexa de interese. Con esta ferramenta podemos, por exemplo:

  • Mostrar contidos sobre un tema determinado
  • Dispoñer da mesma información de diferentes fontes e poder comparala
Diigo: Permítenos gardar on-line todas as direccións dos nosos sitios favoritos mediante un sistema de etiquetas que nos facilite a súa localización. Con Diigo podemos:
  • Ter as nosas notas, marcadores, etc dispoñibles en calquera terminal e non só no noso ordenador.
  • Subraiar o máis interesante dos artigos e engadir notas.
Wakelet: Permite gardar arquivos, vídeos, tweets, podcasts...para usar máis adiante. Podemos organizar e conservar o contido en coleccións similares a historias chamadas wakes

Pinterest: Permite crear coleccións de imaxes clasificándoas por categorías. Podemos compartilas con outros usuarios cos nosos mesmos intereses.

Déixovos un video sobre o PLE:



Ana Varela Orjales


Comentarios

Entradas populares de este blog

Entorno Personal de Aprendizaje (EPA-PLE)

Recursos necesarios para a orientación laboral en Europa

Presentación de José Luis