Recursos necesarios para a orientación laboral en Europa

                                                                                                                                                                              
05 de outubro de 2018

O venres día 5, tivemos o pracer de asistir á sesión impartida pola docente Emilia Seoane Pérez, correspondente ó Posgrao de Orientación Laboral, que tivo lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela. 

Foi unha sesión na que se expuxeron os diferentes recursos que a Unión Europea pon a disposición de tódolos seus cidadáns en materia de educación e emprego transfonteirizo, e que como profesionais da Orientación Laboral debemos saber manexar co obxectivo de poder ofrecer unha orientación completa e eficaz ós usuarios interesados en aproveitar estas oportunidades.

Sen máis dilación, procederemos no seguinte apartado a analizar os aspectos máis relevantes que se plantexaron.

Estrutura e contido da sesión 

A sesión estivo dividida en dúas partes: na primeira parte realizouse, a cargo da docente, unha visión xeral dos distintos portais europeos de emprego, a través dos cales se pode efectuar  a libre circulación de persoas traballadoras así como poder obter recoñecemento das cualificacións profesionais no estranxeiro, sendo un aspecto mais a ter en conta á hora de facer unha busca activa de emprego.

Deste xeito, aprendimos que ademais de portais como o EURES de mobilidade profesional, detrás del existe unha considerable rede humana de profesionais, denominados, Conselleiros/as Eures que teñen como misión axudar, informar, e resolver problemas que poidan sofrir aqueles  traballadores/as que cruzan a miúdo fronteiras de países para desenvolver a súa función laboral en empresas fora do seu país.

Entramos no enlace da Oficina Europea de Selección de Persoal, onde se poden atopar postos de traballo públicos para desenvolver nas distintas institucións da UE, EPSO

Así mesmo viaxamos polo portal de emprego e mobilidade para investigadores/as na UE e para as súas familias. O cal facilita información de aspectos legais e culturais dos distintos países, o que o fai un recurso moi operativo incluso antes de plantexarse a saída fóra das nosas fronteiras, EURAXESS

EURYDICE, é o derradeiro portal visto na primeira parte da sesión formativa, deixándonos bo sabor de boca, posto que nos aporta información sobre os distintos sistemas formativos europeos. Polo tanto, é un apoio importante, por exemplo, para aqueles núcleos familiares que teñan pensado trasladarse a outros países, xa que poden dispor de información das normativas e funcionamento educativo do país ao que se vaian a vincular sociolaboralmente. 

Logo dun breve descanso, continuamos cos recursos europeos, quedando un dos que non so empregamos como práctica didáctica en clase, senón dos que nos pode servir para facerlles ver a operatividade destas ferramentas na orientación aos usuarios/as dos servizos de orientación, estamos a falar do EUROPASS, tanto o CV como o pasaporte de linguas, que precisamente sobre este tema se centrou a segunda parte da sesión, cunha actividade práctica adicada a realizar unha autoavaliación que nos permitese dilucidar as nosas capacidades e cualificacións persoais, así como as de carácter linguístico, mediante o Pasaporte de Linguas neste caso, a través da páxina do MECD adicada ao Europass. 

A modo de pincelada, deixámosvos de seguido o resume dos distintos recursos europeos de emprego transnacional analizados ao longo da ponencia  para que servan de apoio na labor dos orientadores e orientadoras laborais.




1. EURES (European Employment Services):

O portal europeo de mobilidade profesional ten por obxectivo informar, orientar, aconsellar e asesorar a persoas candidatas á mobilidade tanto sobre as oportunidades de emprego como sobre as condicións de vida e de traballo, axudar ao empresariado que desexe contratar traballadoras/es doutros países, asesorar e orientar a traballadoras/es e a empresarias/os de rexións fronteirizas. Eures está formada por unha rede de recursos humanos e unha rede de recursos on line. 

No apartado de recursos humanos atopamos as conselleiras e conselleiros EURES, son especialistas do mercado laboral a escala nacional e transfronteiriza, formadas/os pola comisión europea. Por outro lado, dentro da rede tamén se encontran os servizos EURES transfronteirizos cuxa función é a de dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadoras/es e empresarias/os. Dado que é o caso máis cercano para todos nós, fíxose especial fincapé durante esta primeira parte da sesión no Eures Norte de Portugal-Galicia.
No apartado de recursos online proporcionados pola docente atópanse o portal EURES, os EURES estatais e os EURES transfronteirizos

2.  EPSO (European Personnel Selection Office):

EPSO é unha oficina interinstitucional responsable da selección de persoas nos países integrantes da UE para traballar en Organismos e institucións europeas. 

Contan con axencias descentralizadas creada pola Unión Europea para levar a cabo tarefas técnicas e científicas que axudan ás institucións europeas a aplicar as políticas e a toma de decisións. Existen 34 na actualidade e unha delas, a Axencia Europea de Control da Pesca, atópase na cidade de Vigo.

3. EURAXESS (Rede Europea da Investigación):

É o portal europeo relacionado coa investigación. Aportan información e axuda as persoas investigadoras que se moven polo espacio europeo. En Galicia, é un organismo relativamente novo, creado fai uns dous anos.

Dispón de seccións de carácter máis específico como Euraxess Jobs, Euraxess Links ou Euraxess Dereitos.

4. EURYDICE

É unha Rede onde se atopa toda a información sobre educación, formación, competencias e particularidades dos diferentes sistemas educativos da UE. Está formado polos distintos Ministerios de Educación dos distintos Países. Dan asesoramento, informan, realizan estudos, difunden esos estudos, etc. Ademais dispoñen de monógráficos interesantes.

5. EUROPASS

É un Documento con extraordinaria información. Expón todo sobre os Títulos de FP e Ciclos de Grado medio. Unha das principais utilidades do CV Europass que descubrimos  grazas á sesión é a de fomentar o poder comparar equitativamente entre os candidatos. 

Establece un marco comunitario único para fomentar a transparencia das cualificacións e competencias. O Documento EUROPASS é obrigatorio entregalo por parte das Institucións xunto co Título Superior ou Grado Superior da Formación Profesional. Nestes termos incidiuse tamén sobre a necesidade de informar aos usuarios do servizo de orientación laboral sobre os Suplementos Europass ás titulacións académicas e o Documento de mobilidade, necesarios para a convalidación noutro país estranxeiro dos coñecementos  e capacidades obtidos en España.   

Cómo poñer en práctica os anteditos recursos?

¿Acabas de rematar os teus estudos e te estás a plantexar desenvolver a túa actividade laboral noutro país da Unión Europea? Se non coñeces o Programa de axudas de mobilidade europea para persoas entre 18 e 35 anos deberías prestar atención ó seguinte vídeo:



¿Cómo repercute traballar noutro país a efectos da Seguridade Social dos traballadores desprazados? A resposta no seguinte vídeo: 



A qué axudas te podes acoller á hora de procurar emprego fóra das nosas fronteiras, ou mesmo para completar a túa formación noutros idiomas? Isto é o que recolle o SEPE:


Conclusións

Nun mundo globalizado, onde non nós queda máis remedio que adaptarnos aos cambios, ás novas perspectivas de emprego, aos xiros nos mercados laborais dentro dun panorama en continuo movemento....Contamos, dentro do Espacio Europeo, co esforzo conxunto por parte de todos, desde as Políticas Activas da UE conxuntamente cos gobernos dos distintos países ata nós, orientadores laborais, que damos un paso máis coñecendo a cantidade de recursos para informar e axudar a estas políticas activas de emprego, xa sea informando das axudas para traballar fora do teu país, como para completar a formación ou mobilización entre países, etc.... Está da nosa man, entre outros, prestar esa axuda e dar apoio en todo o que poidamos.


PARA SABER MÁIS: 


 Se es graduado e tes interese, aquí atoparás máis información.

Aquí podes crear o teu currículum Europass.



Conecta a túa nube de almacenamento persoal a Europass

Este proxecto é unha sorte de Guía do que é a Orientación en Europa.


Se pensas en traballar en Europa, aquí van uns consellos.



Recopilación da sesión en Wakelet

Se desexades botar unha ollada ós chíos máis destacables sobre esta sesión, a continuación podedes acceder á recopilación de Wakelet


Comentarios

Entradas populares de este blog

Entorno Personal de Aprendizaje (EPA-PLE)

Presentación de José Luis