A contorna persoal de aprendizaxe



Que é un PLE ou Contorna Persoal de Aprendizaxe?

É unha nova forma de aprender baseada na interacción e así seguir aprendendo ou para aportar información a outros. Favorece acceder a recursos, compartir coñementos e reflexionar sobre as novas experiencias de aprendizaxe. 

Provoca un cambio substancial no proceso metodolóxico de aprendizaxe cun uso da información que se distribúe na rede, seleccionando o relevante, facendo contactos interesantes para acadar un desenvolvemento profesional óptimo.

Cómo está o meu PLE?


Antes do Posgrado de Orientación Laboral, estaba centrado en:

  • Facebook pero sobre ofertas laborais. 
  • LinkedIn como perfil profesional.
  • Email.
  • About.me.







Polo que era bastante reducido.

Actualmente e grazas á formación do posgrao, estoulle a sacar máis partido ás ferramentas anteriores e ademáis foron engadidas outras.


Actualmente o meu PLE quedaría como o debuxo que amoso a continuación:



A continuación engado uns enlaces explicativos desta nova forma de aprendizaxe que é o PLE.

- Qué é un PLE e cómo desenvolvelo


Expansión do meu PLE?

Seguindo a sesión do venres día 26 de outubro, puidemos adquirir coñecementos de varias ferramentas de curación de contidos que van a formar parte da miña extensión do PLE.

Comezarei comentando algo sobre cada unha delas.

A primeira é o Feedly. Quizais o definiría como una agregador de noticias que a través do lector de contidos ou lector RSS debemos seleccionar nós como prioritarias.

Esta ferramenta vainos a facilitar a ordenación daquelas noticias ou páxinas de interese persoal a través dunha clasificación propia que se denominan "feeds"

É unha ferramenta moi versátil e sinxela que nos aforra tempo á hora de facer búsquedas de información relevante.

Vantaxes que lle atopei:

  • Subscripción a múltiples sitios web dende un mesmo espazo.
  • Consulta e lectura de información actualizada.
  • Organización personalizada de información en función das preferencias propias.
  • Compartir de forma rápida as noticias coas redes sociais.
Desvantaxes:
  • Non tódalas páxinas web posúen RSS.
  • A versión en español é pouco operativa.
Para coñecer mais Feedly remítovos ao seguinte enlace, que se denomina:


Aquí queda o meu Feedly actual:



A continuación engádovos un vídeo sinxelo sobre o Feedly. 



Outras ferramentas vistas na clase foron:

Scoop.it  Esta ferramenta de curación de contidos ten como función organizar a información que consideremos importante nas distintas webs. Pódese etiquetar o contido e compartilo nas distintas redes sociais.
Posúes url propia e podes chegar a publicar os teus "topics" nas redes sociais nas que sexas mais activo.


Diigo. Podemos considerala un organizador de contidos. Nela podes ter arquivos públicos ou privados e tamén podes engadir observacións a eses contidos.


Outra das ferramentas de curación de contidos a que lle estamos a sacar mais partido é o Wakelet.
A través desta ferramenta facemos unha recompilación semanal dos tweets mais relevantes nas sesións presenciais do Posgrado, sendo deste xeito un resume das propias clases.

Os contidos ou wakes poden ser públicos ou privados e tamén se poden gardar artigos, vídeos, tweets ou podcasts...

Conclusión 

Considero que foron de grande aportación tódalas ferramentas anteriores pero quizais seran inmediatamente incorporadas no meu día a día tanto o wakelet, como o scoop.it e fundamentalmente o Feedly

Este último recurso polo aforro de tempo que me facilita na busca de información.

Ata aquí a miña achega sobre a contorna persoal de aprendizaxe.

Celia










Comentarios

Entradas populares de este blog

Entorno Personal de Aprendizaje (EPA-PLE)

Recursos necesarios para a orientación laboral en Europa

Presentación de José Luis