A IGUALDADE NA ORIENTACIÓN LABORAL



A IGUALDADE NA ORIENTACION LABORAL.


 INTRODUCIÓN:

O art 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos sinala que “todos os seres humanos nacen libres e iguales en dignidade e dereitos”
O art 7. lembra que “todos son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei”. “Todos teñen dereito a igual protección contra toda discriminación que infrinxa esta Declaración”.
O artigo 23.recolle que “toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.Toda persoa ten dereito, sen ningunha discriminación, a igual salario por igual traballo.Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outro medio de protección social”.
E o artigo 24. sinala que “Toda persoa ten dereito ao descanso, ao tempo libre, a unha limitación razoable da duración do traballo e a vacacións periódicas pagadas.”
A Constitución prevé no seu art 35 que “todos teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para satisfaceren as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso se poida facer discriminación por razón de sexo”
A Declaración de la OIT, relativa os principios e dereitos fundamentais no traballo e o seu seguimento, adoptada pola Conferencia Internacional do Traballo na sua octoxésima sexta reunión, Ginebra, 18 de xuño de 1998, estableceu o compromiso dos estados membros “(d) la eliminación de la discriminación en materia de empleo y ocupación.”


 
  
A REALIDADE:


Nunha sociedade tradicionalmente baseada na primacía do control social polos homes estase plantexando a necesidade de artellar medidas concretas que recuperen un sistema baseado na igualdade.


O PAPEL DA ORIENTACION LABORAL NA PROMOCION DA IGUALDADE:

A agudización da desigualdade entre clases sociais e entre países dominates e países menos desenvolvidos está a manter a desigualdade entre sexos e en algunhos casos a voltar a unha concepción regresiva tratando de culpabilizar a mulleres e outros sectores da poboación da precariedade laboral .
Como orientadora laboral e despois de valorar os contidos do articulado dos citados documentos da OIT , A Constitución, A Declaración Universal dos Dereitos Humanos, pregúntome: cómo se pode abordar o tema da igualdade na promoción do emprego?. Entre outras medidas cabe sinalar as seguintes:
-Promover a iniciativa dos demandantes para formarse e capacitarse, de xeito que poidan participar nas ofertas de emprego en condicións de igualdade .
-Implicar aos empresarios na contratación dos traballadores sen discriminar por razóns de sexo ou orixe.
-Animar aos demandantes para facer valer os seus dereitos.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Entorno Personal de Aprendizaje (EPA-PLE)

Recursos necesarios para a orientación laboral en Europa

Presentación de José Luis